Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 14 Marzo 2025.

12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de febreiro

    Como se explicou semanas atrás, o Gabinete de Igualdade de CCOO pon en marcha este ano unha campaña web de sensibilización en igualdade, con actualización mensual.

    26/02/2025.
    Definicións do mes de febreiro da campaña '12 meses pola igualdade'

    Definicións do mes de febreiro da campaña '12 meses pola igualdade'

    Trátase dunha campaña de sensibilización para favorecer a incorporación dos conceptos e a terminoloxía sobre a igualdade á comunicación cotiá deste sindicato e das persoas que se achegan á súa web, pois a familiarización cos termos imbuiranos do significado destes conceptos que definen a loita por unha democracia plena.


    FEBREIRO

    IGUALDADE

    • Igualdade legal ou formal

    Trátase da igualdade entre mulleres e homes que recolle a lexislación. É un principio recoñecido internacionalmente como «dereito humano universal». A Constitución española recolle o principio de igualdade como un dereito fundamental (isto é, protexido de maneira especial) no seu artigo 14.

    • Igualdade real ou efectiva

    Fai referencia ao principio de igualdade de trato entre mulleres e homes, e supón a ausencia de toda discriminación, directa ou indirecta, por razón de sexo. Mentres que a lexislación establece o principio de igualdade e prohibe calquera tipo de discriminación, na actualidade aínda non se acadou a igualdade real na nosa sociedade.

    Ata que tanto homes coma mulleres poidan realmente acceder en igualdade de condicións aos recursos, participar en todos os eidos da sociedade e formar parte das tomas de decisións de forma paritaria, non poderemos afirmar que se alcanzou a igualdade real e efectiva.

    Trátase do cuestionamento do nesgo androcéntrico, que só visibiliza unha parte da experiencia da historia da humanidade: a masculina.